Concurso de fotografía Mi rincón favorito.

Concurso de fotografía Mi rincón favorito.

Desde 10 Septiembre 12:22 hasta 10 Septiembre 23:57

En Sarria

Publicado por Cultura

Categorías: axenda

Etiquetas: Fotografía, Concurso, alfombras florais

Hits: 251


Cal é o teu recuncho favorito de Sarria?

O Concello de Sarria invita a veciños e visitantes a participar no certame fotográfico O meu recuncho Favorito de Sarria 2026, unha iniciativa pensada para mostrar e poñer en valor a riqueza patrimonial, paisaxes naturais, vida cotiá, gastronomía… calquera imaxe é benvida.

Poderase participar ata o día 10 de setembro publicando a fotografía en Instagram, tendo en conta as seguintes indicacións:

- Valorarase o texto que acompaña á fotografía, este formará parte da obra e o xurado considerarao á hora de elixir os traballos gañadores.

- Deberán incluír sempre os hashtags #mirinconfavorito e #mirinconfavoritodesarria

- Os participantes terán que seguir a conta oficial @certamenmirinconfavorito, desde o perfil coa que subirán a imaxe rexistrada.

As bases podédelas atopar na seguinte ligazón:https://tally.so/r/XxG564

Premios Locais:

1º Premio: 200€

2º Premio: 100€

A obra gañadora do primeiro premio será utilizada para imprimir 2.000 postais, 1.000 adhesivos e 500 posters que servirán de material promocional e turístico da localidade.

As obras premiadas a nivel local optarán, ademais, a competir na fase nacional fronte ás mellores imaxes seleccionadas no resto de municipios participantes de toda España. Estamos a desexar ver todas as vosas fotografías!