Sarria

Cultura

Mercadillo Mensual Quilate.

Como cada primeiro sábado de mes, o Mercadillo Quilate de antigüidades, coleccionismo e obxectos curiosos celebrarase na Rúa do Porvir, rúa dos anticuarios, de 10:00 a 19:00 horas. 

Concerto Paixón segundo San Xoán de J.S. Bach

Ars Combinatoria Orquestra e Coro, dirixida polo sarriao Canco López, ofreceranos hoxe, 26 de marzo ás 18:00 no Mosteiro da Madalena, a Paixón segundo San Xoán, de J.S. Bach inaugurando asi a quinta tempada Música vs Espazos e as celebracións da Semana Santa sarriá.

700 estudantes celebran o Día da Poesía en Sarria

A Praza da Vila de Sarria acolleu esta mañá un multitudinario evento de celebración do Día da Poesía, que xuntou a máis de 700 alumnos/as da comarca para lembrar ao poeta da Terra Chá Manuel María. 

Cartel VII Estremonía Cantada. Cantos de Taberna 2023

VII Estremonía Cantada. Cantos de Tarberna.

VII Edición dos Cantos de Taberna, evento que tivo que suspenderse a causa da pandemia. O 25 e marzo os 16 grupos inscritos percorrerán bares, tascas e locais da Vila divertíndonos coa súa música e por riba de todo coas súas voces, como tradicionalmente.

exposición fotográfica viaxe polo mundo da máscara

Exposición fotográfica: Viaxe polo Mundo da Máscara

Antiga Prisión Preventiva.Oficina Municipal de Turismo do Concello de Sarria.


Do 24 de febreiro ao 24 de marzo de 2023. De luns a venres, de 9:15h a 14:00h


(outros horarios consultar nos teléfonos 982 530 668 ou 982 535 000).

 

SARRIA WEATHER

Sarria

Seleccione su idioma