Sarria

V Edición Sarria Blues no Camiño

A quinta edición do Festival Sarria Blues no Camiño celebrarase entre os días 6 e 9 de agosto.

Desde o blues máis tradicional ao son máis actual herdeiro do blues de Chicago, a V Edición do Sarria & Blues no Camiño, organizado polo Concello de Sarria, inundará a nosa vila con todos os xéneros da música de raíz afroamericana.


Un escenario distinto cada día, un desfile ao estilo Mardi.


Grass, e as ruadas do Street Blues, con formacións a dúo e a trío, achegarán a música ao maior número posible de público, tanto xente de Sarria como foráneos, peregrinos e visitantes.


Este festival é posible grazas á colaboración das asociacións culturais, dos comerciantes, hostaleiros e veciñas e veciños en xeral, aos que agradecemos o seu apoio. Un ano máis, grazas por axudarnos a facelo posible.
Vide con ganas de gozar da música! 

Atopámonos na rúa!

Street

 

A presentación do festival, organizado polo Concello de Sarria, con colaboración da Vicepresidencia Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia, realizarase, como é habitual, no atrio da Igrexa de San Salvador, facendo honra ao lema desta cita musical, “Un cruceiro no Crossroads”, unindo a tradición do Camiño de Santiago coa da música que se creou no longo camiño cara á liberdade do pobo afroamericano.

A apertura será as oito da tarde do xoves día seis, e correrá a cargo dos gaiteiros da Pipers Blues Band e a actuación do bluesman Félix Slim, de orixe ceutí e afincado en Estados Unidos.

O seguinte concerto celebrarase ás dez e media no Paseo do Malecón, coa actuación da Banda de Música da Comarca de Sarria, cun repertorio de estandars de blues e jazz, ao que se incorporarán as cantantes Sara Somoza e Anita Miranda.

O venres 7 haberá actuacións de street blues, en formatos de dúo e trío, no Gourmet Paladar, a Cafetería D Pont, a terraza da Pizzería 17 e a Cafetería O Chanto. O escenario principal será O Meigallo, onde as nove da tarde abrirá o concerto a banda coruñesa de blues tradicional e de raíces, Misuria, e porá o broche final Sweet Marta & The Blues Shakers, unha contundente banda de blues clásico liderada pola mellor armonicista feminina de Europa.

O sábado día 8, comezará cunha sesión vermut no Pub Don Pepe a cargo da banda de blues rock Los Jorobados Miño, con actuacións de street blues no Mesón O Tapas e a terraza de La Isla-Next. A partir das oito da tarde, partirá da Estación do Ferrocarril o tradicional desfile musical que percorrerá a Rúa dá Liberdade e que estará amenizado por The Dixie Blinders, a banda de música dixie ao estilo das marching bands de Nova Orleans, e o clásico camión blusero con músicos do festival, aos que acompañarán os coches do Club Clásicos Sarria e cantas entidades e veciños decidan sumarse a esta iniciativa.

Ás dez e media da noite, no Aparcadoiro do Campo do Río, celebrarase o concerto central do festival, a cargo de Andrhea & The Black Cats, unha das máis recoñecidas bandas galegas de blues, e Dorrey Lyles & Marcos Coll Band, cunha das voces afroamericanas máis potentes do momento e o armonicista compostelán afincado en Alemaña e un dos bluesman españois de maior proxección internacional.

O domingo os Street Blues celebraranse no As de Picas e o Hotel Alfonso IX. A Rúa dá Música acollerá un ano máis a festa-jam de despedida desta cita musical ao redor da música afroamericana.

Seguindo coa súa filosofía de que o festival sirva de escaparate da música e a cultura sarriá, a organización chama á participación veciñal, tanto no desfile do sábado, como coa decoración dos escaparates dos negocios con motivos bluseros, unha iniciativa que se probou con éxito na primeira edición e preténdese recuperar nesta quinta.

SARRIA WEATHER

Sarria

Seleccione su idioma