Sentido único de circulación en tres rúas de Sarria
Xa está colocada a sinalización do sentido único en Curros Enríquez, Pascual Veiga e a prolongación da Gran Vía: o cambio será efectivo o luns 24 de agosto.
O Concello de Sarria informa de que xa está colocada a sinalización necesaria para a entrada en vigor do sentido único de circulación nas rúas Curros Enríquez, Pascual Veiga e na prolongación da Gran Vía. O novo réxime de circulación será efectivo nas tres vías a partir do vindeiro luns, día 24.
A Policía Local levará a cabo un dispositivo de control durante os primeiros días para velar por que o cambio se desenvolva con normalidade, e pide precaución aos condutores que circulen por estas rúas mentres se familiarizan coa nova ordenación do tráfico.

