Sarria

"Estados emocionales". Nova exposición de pintura na Antiga Prisión Preventiva.

O próximo 28 de abril e ata o 28 de maio a Antiga Prisión Preventiva acollerá unha nova exposición de pintura da autora sarriá Mercedes Freixo, Pompe.

 

A exposición, que leva o título de "Estados emocionales" supón a volta da pintora aos espazos públicos despois dun tempo desaparecida das salas.

 

Nas súas propias palabras "Así es como pinto. El acto de pintar ha sido la forma en la que me he expresado toda mi vida".

 

Non a perdades.

Nivel de Alerta amarelo por tormentas

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no boletín 113/71GAL emitido ás 10.32 horas do día de hoxe dun fenómeno meteorolóxico adverso en nivel AMARELO por TORMENTAS, que afectará a CORUÑA (Interior) e LUGO (Centro e Montaña), acompañado de precipitacións que poden acumular os 15 mm nunha hora, que comezará sobre as 15:00 horas do venres día 11/04/2025 e ata as últimas horas do día.

 

Un aviso de nivel amarelo por tormentas indica que na zona de aviso afectada prevense tormentas fortes.

 

10042025-AVISO-AMARELO-POR-TORMENTASpage-0001

Entrega de composteiros e sesión formativa. 8 de abril.

O próximo 8 de abril, a Casa da Cultura de Sarria será o escenario dunha sesión formativa dedicada á compostaxe doméstica, que dará comezo ás 19:00 horas. Durante o evento, os participantes poderán aprender a reciclar os seus residuos orgánicos no fogar e, ao remate da formación, recibirán o material necesario: un manual de compostaxe, un composteiro e un aireador.

Este evento está dirixido a todos os veciños e veciñas de Sarria que dispoñan dun espazo de polo menos 50 m² para a instalación do composteiro. Debido á dispoñibilidade limitada de composteiros, é preciso realizar unha inscrición previa a través da web https://sarria.rsu.gal/ para garantir a entrega do material. Ademais, realizarase un seguimento ao longo de 2025 para supervisar o proceso de compostaxe.

Esta campaña conta co apoio financeiro da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, así como do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Para máis información, as persoas interesadas poden contactar co teléfono 647 521 464 ou enviar un correo a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..


 

Gran desfile de Entroido 2025

O desfile de entroido 2025 resultou unha explosión de cores, música e emoción.

O Entroido é sen dúbida un dos eventos mais esperados do ano, onde as rúas transfórmanse nun espectáculo visual e auditivo que xera unha enerxía máxica transmitida a todos os espectadores.

É unha festa que supón a celebración do espíritu comunitario, da cultura e da tradición no que todos os participantes poñen corazón e enerxía.

 

Moitísimas felicidades aos gañadores, elexidos coma sempre por un xurado composto por membros de asociacións culturais do pobo, que coa súa creatividafde e paixón fixeron do desfile un espectáculo aínda mais impresionante e, por suposto, parabéns a todos os participantes: sen vos o Entroido non sería posible.

 

Grazas a todos por facer do Entroido un evento inolvidable!

 

Agardámosvos o vindeiro ano.

 

 

 

1
2
3

SARRIA WEATHER

Sarria

Seleccione su idioma