Sarria

Actualidade

Garitosis 2024.

A XI edición do Festival Garitose terá lugar o 7 de setembro do 2024 no local da Asociación Cultural Rúa da Música en Sarria.

Servizo comedor EEI Xela Arias

Servizo comedor escolar EEI Xela Arias. Curso 2024/2025

- PRESENTACIÓN DA/S SOLICITUDE/S:

  • Solicitude de praza/s: do 2 ao 6 de setembro, ambos incluídos.
  • O alumnado de nova matriculación, presentará a solicitude no momento de formalizar a matrícula (con carácter xeral no mes de setembro).
  • O modelo de solicitude estará dispoñible no Rexistro Xeral do Concello, na Secretaría da EEI Xela Arias e nas páxinas webs do Concello de Sarria e do centro educativo.
  • As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Sarria de luns a venres de 9:00h a 14:00h, a través da sede electrónica dende as 00:00h do día en que se abre o prazo ata as 23:59h do día en que finaliza, ou mediante calquera outro dos procedementos previstos no art. 16 da Lei 39/2015.

Sarria, escenario da Volta a Galicia 2024.

Boas noticias para Sarria e en especial para os amantes da bicicleta: a XXII Volta Cicilista a Galicia tendrá a Sarria como escenario da 1ª (CRI Sarria)  e 2ª etapa (Sarria-Sarria (rúa da Liberdade). 

Noite Meiga 2024.

Tras unha magnífica edición do Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria, Maxia no Camiño, nun verán inesquecible cheo de actividades e eventos para todos os públicos, tras as festas de San Xoán, Ultreia et Suseia, a III Edición de Blues non Camiño, o VerbenaFest, actividades para os peques… chega a Noite Meiga, unha noite inesquecible para todos os sarriáns e visitantes nun ano moi especial, pois a Asociación Meigas e Trasgos iniciou o procedemento para a súa declaración como Festa de Interese turístico.

XIX Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria "Maxia no Camiño". 22 a 25 de agosto.

Comeza o festival internacional de maxia Vila de Sarria!

Do 18 ao 24 de agosto, ambos inclusive, celebraremos a 20 edición do evento máxico do verán sarriao.

Un gran elenco de magas e magos, de grandes artistas que farán rir e soñar a maiores e peques nos escenarios das actuacións, que percorren todo o pobo e que rematarán cun gran evento o domingo na Praza da Vila.

SARRIA WEATHER

Sarria

Seleccione su idioma