Sarria

II Concentración motera Sarria Bikers

Preparádevos para gozar dunha fin de semana inesquecible para os amantes das dúas rodas, repleto de actividades emocionantes.

Desde  roteiros moteiros que explorarán os recunchos máis pintorescos ata unha exquisita experiencia gastronómica que deleitará os vosos padais cos sabores máis auténticos da nosa terra.

A música e o baile tamén serán protagonistas desta celebración. Preparádevos para gozar con LOUBAND!
Con máis de 400 participantes, esta concentración será unha oportunidade única para compartir experiencias, facer novos amigos e gozar da paixón polas motos nun ambiente de total camaradería.
Así que sumádevos á diversión, unídevos á comunidade moteira e sede parte desta incrible experiencia. Non vos arrepentiredes!
Vémonos en Sarria Bikers!

Presentacion-motos

Tagged under concentración motos
SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language