Sarria

Sarria instalará cinco novos contedores vermellos para a recollida separada de téxtil

Cinco novos contedores vermellos para a recollida separada de téxtil

Na Rúa Formigueiros, na Rúa da Liberdade, na Rúa Becerreá, no centro urbano e no Punto Limpo

 

Sarria, 17 de outubro de 2026 — O Concello de Sarria instalará cinco novos contedores vermellos para a recollida separada de residuos téxtiles, situados na Rúa Formigueiros, na Rúa da Liberdade, na Rúa Becerreá, no centro urbano e no Punto Limpo.

 

Qué se pode depositar

Nos contedores vermellos poderase depositar roupa, calzado (en parellas e atado polos cordóns), complementos como cintos e bolsos, e téxtiles do fogar como sabas, toallas ou cortinas, incluso en mal estado. O material debe botarse sempre en bolsas pechadas. Non se deben depositar colchóns, alfombras nin téxtiles industriais.

Unha segunda vida para o textil

O téxtil recollido xestionarao Cáritas Diocesana de Lugo, que o clasificará para a súa reutilización directa, a reparación ou a reciclaxe en novas fibras, de xeito que practicamente nada remate no vertedoiro. Separar o téxtil reduce o lixo do colector gris e axuda ás persoas que máis o precisan.

A instalación acompañarase da campaña informativa «O téxtil? Ao vermello!», con cartaces, dípticos e trípticos, publicacións en redes sociais e un posto informativo na feira do 17 de outubro. Máis información na páxina web sarria.ocaminosostible.gal, no teléfono 647 521 464 ou no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Tres dos contedores forman parte do proxecto de mellora da recollida separada de residuos téxtiles do Concello de Sarria (expediente EELL-0197-2026-RES, Liña 4 do procedemento MT975X), que conta cunha axuda de 7.725 € da Xunta de Galicia, cofinanciada nun 60 % pola Unión Europea a través do Programa Galicia FEDER 2021-2027.

SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language