Sarria

O estadio da Ribela acolle o mércores unha exhibición da Garda Civil

O estadio municipal da Ribela acollerá este mércores de 10.30 a 12.30 horas unha exhibición dos recursos e o funcionamento de diferentes unidades da Comandancia da Garda Civil de Lugo, entre as que se atopan, por exemplo, o helicóptero do Servizo Aéreo, a unidade de drones, o grupo de montaña ou a unidade canina.

Esta demostración enmárcase no Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e a súa Contorna e está dirixida a máis de 600 escolares de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, aos que os axentes explicaranlles os medios técnicos, os obxectivos e as funcións de cada unidade.

Ademais da Garda Civil, nesta exhibición tamén participarán efectivos da Cruz Vermella e da Policía Local de Sarria.

SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language