XXXVI Mostra Agro-Gandeira. San Isidro
Os días 9 e 10 de maio celebraremos no Campo da Feira o San Isidro coa tradicional Mostra Agro Gandeira.
Poxas, feira cabalar, doma, música, gastronomía, sorteo... e este ano e como novidade que agardamos sexa moi ben recibida, un concurso de Habilidade Tractorista.
Así que, se tes man co tractor… ou queres botar unhas risas vendo como outros o intentan
Concurso de destreza con remolque (marcha atrás!)
12:30 primeira manga
17:00 segunda manga e final
Premios con premio de verdade:
Trofeo + 1 ano de seguro GRATIS para o tractor + 100€ en Agro Lugo
Trofeo + 1 ano de seguro GRATIS para o tractor + 50€ en Agro Lugo
Trofeo + 1 ano de seguro GRATIS para o tractor
Apúntate: 672 52 35 11 (inscripcións abertas)
Grazas a Dimago e Ucoga
O aviso está dado… logo non digas que non avisamos.

