San Xoán 2026
Do 23 ao 27 de xuño, Sarria volverá encherse de música, tradición, lume, cultura e festa para celebrar unhas das datas máis especiais do ano. Un programa pensado para todas as idades, con actividades para desfrutar en familia, coa veciñanza e cos amigos.
Este ano o cartel, deseñado por Ana Miranda, non só reflexa a ilusión e a maxia que representan estas festas, senón que tamén amosa a complicidade co pregoeiro, Borja Tosar, que dará o pistoletazo de saída para a Pancetada e Queimada Popular, o acendido da gran Fogueira de San Xoán, a primeira actuación musical das festas, a cargo de Eoas, e ao espectáculo dos Correfoc dos Dimonis de la Plana.
Verbenas, espectáculos infantís e animación de rúa, bandas de música, agrupacións tradicionais e colectivos culturais da vila, torneo de fútbol sala e o VibraXoán: unha programación que combina tradición e modernidade para facer de Sarria un gran punto de encontro durante toda a semana festiva.
Se estades intreresados na camiseta podedes escribir un correo a
Toda a programación:
New category

