Sarria

Fin de semana festeiro: Garitosis e Esmorga total, música e moito máis.

O gran protagonismo desta fin de semana lévao a música ao vivo. 

A Asociación Cultural Rúa da Música organiza unha nova edición do seu emblemático Festival Garitosis, unha cita con entrada completamente de balde.

O cartel deste ano promete non dar tregua:a Sesión Vermú arrincará cos ritmos da Orquesta Paraguayo.

O prato forte: a enerxía inconfundible de Festicultores Troupe, acompañados polas bandas Cool Flanders e Dreams of Dolly Sheep.

E para os que queden con ganas de máis, a noite do sábado prolongarase co evento Esmorga Total, que se celebrará na Terraza O Meigallo dende as 20:00 h ata ben entrada a madrugada.

Os cabezas de cartel serán Grande Amore e Eladio y los Seres Queridos,

Como bandas e propostas emerxentes, Apolo 18: e Meigas e Trasgos + Javier LG (JLG Music), cunha proposta do máis orixinal nunha colaboración especial onde a histórica asociación cultural de Sarria unirá forzas co DJ e produtor Javier LG.

Durante toda a xornada gozaremos das sesións de DJ Tristón entre concerto e concerto.

 

SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language