Sarria

XIV Ruta 4x4 Comarca de Sarria

A emoción do motor chega esta fin de semana a Sarria coa XIV Ruta 4x4 Comarca de Sarria!
​Os vindeiros días 20, 21 e 22 de novembro, a nosa comarca converterase no epicentro do off-road galego cunha cita imprescindible para amantes de motos, quads, buggies e todoterreos. Un evento organizado polo Concello de Sarria xunto coa colaboración de Os Carro X Catro Sarria, pensado para gozar da natureza, do deporte e do mellor ambiente gastronómico da nosa terra.  

Programa destacado:

​Venres 20: Recepción con pinchos de benvida e entrega de documentación.  
​Sábado 21: Saída da ruta pola mañá (08:30 h), xantar no pavillón de Triacastela e cea de confraternidade no Pavillón do Instituto (22:00 h).  
​Domingo 22: Almorzo e espectaculares probas de habilidade no polígono de O Morelle (dende as 10:30 h), pechando co xantar no Pavillón do Instituto.  

​ÚLTIMAS HORAS PARA INSCRIBIRSE!
As prazas son limitadas e o prazo pecha este mércores 18 de novembro. Non quedes fóra!  
​Inscríbete aquí: https://ccnorte.com/evento/detalle/dp/31/id/3406/xiv-ruta-4x4-da-comarca-de-sarria
Máis información: 627 939 448 (Tote) / 669 19 95 83 (Manuel)  

​Agradecemos o traballo de Os Carro X Catro, a colaboración da Xunta de Galicia, dos concellos veciños e de todo o tecido empresarial local que fai posible esta XIV edición.

 

SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language