Sarria

PALESTINE. HERE AND THERE. Quinto Bloque expositivo Trienal Sarria

Este sábado 25 de xullo ás 19:30 h inaugurase en A Sede (Sarria) PALESTINE. HERE AND THERE, o quinto bloque expositivo da Trienal Sarria (TST1), comisariado por Paula Parente Pinto e coa participación de seis artistas palestinos.

Na inauguración estarán presentes Ahlam Shibli e o seu can Shamss.

A mostra poderá verse ata o 3 de outubro.

 

Ademáis, presentarase a publicación As the World Falls Down, de Ania González e Horacio González, coa presenza das persoas autoras.

Publicacion-Trienal

 

Escrito en 2017 e recuperado para unha lectura en 2026, o texto aborda o esgotamento dun modelo institucional da arte contemporánea e a necesidade de ensaiar outras relacións entre institucións, prácticas artísticas e contexto social.

A publicación abre Pés e Cabeza, unha nova serie de MPH Group, o selo editorial de Huhú. A colección recupera textos que xa circularon e publícaos en edicións bilingües, no idioma orixinal e en inglés.

Todo en A Sede — NDAC
Rúa Ramón Cabanillas, 11, nave 5 · Sarria
25.07.2026
A partir das 19:30

 

 

SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language