Sarria

Rectificación do inventario municipal de bens e Dereitos. Trámite de información pública

O pleno do Concello de Sarria, en sesión ordinaria realizada o día 30/07/2026, acordou iniciar expediente para a rectificación do Inventario de Bens e Dereitos do Concello de Sarria, na parte relativa ás vía rurais municipais.

A documentación deste expediente estará a disposición dos interesados na Casa do Concello de Sarria, en horario de 09:00 a 14:00 horas e días hábiles, e no Portal de Transparencia da Sede Electrónica Municipal, no seguinte enderezo:

https://sarria.sedelectronica.es/transparency/69516ef2-46e4-4849-a070-1367aa8f8d05/

O trámite de información pública ao que se refire o presente anuncio rematará o próximo día 25 de novembro de 2026, data na que tamén finalizará o prazo establecido para a presentación de alegacións e/ou reclamacións. 

As alegacións para este expediente poderán formularse nos modelos establecidos ao efecto; dirixiranse á alcaldía do Concello de Sarria e poderán presentarse en calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language