Sarria

XII Bienal de Sarria. Salón Internacional de arte.

O próximo 12 de xullo, ás 19:00 horas, inauguraremos na Antiga Prisión Preventiva a A Bienal de Sarria, que volve tras catro anos de ausencia por mor da pandemia. Este ano contará coa colaboración de 134 artistas de 25 nacionalidades.

Ademáis, teremos o privilexio de inaugurar tamén, de xeito oficial, a Sala Permanente José Díaz Fuentes, coa exposición "A árbore interior", na que todos podemos disfrutar das obras do autor sarriao.

O horario de visitas será de 11:00 a 17:00 horas.

Concerto de Os Petapouco, grupo de percusión da ESMUSA.

Chega o final do curso tamén para a Escola Municipal de Música de Sarria e profes e alumnos celébrano con música: o próximo 19 de xuño o grupo de percursión Os Petapouco, ás 19:00 horas e o día 22, ás 20:00 horas Os Clarisaxos, ofrecerán sendos concertos no Paseo do Malecón.

Orgullo de escola, de alumnos e de mestres! 

VIII Torneo Memorial Pedro Canoa de fútbol

Organizado pola SD Sarriana e o Concello de Sarria, os días 2, 3 e 4 de xuño celebrarase no Estadio de A Ribela o VIII Torneo Memorial Pedro Canoa de fútbol.

Nos documentos adxuntos tedes toda a info.

Festival Letras Galegas 2023. Casa da Cultura de Sarria.

Lorenzana, escritor, narrador, editor, activista, profesor, Seminario de Estudos Galegos, Partido Galeguista, Editorial Galaxia, académico da Real Academia Galega, celebración das Letras Galegas, Grial, Ramón Piñeiro, Penzol, Cunqueiro... Todas estas palabras falan de Francisco Fernández del Riego, homenaxeado este 2023 coas Letras Galegas.

SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language