Semana Santa 2023.
https://sarria.gal/gl/cidadania/participacion/cultura-2/400-semana-santa-2023-casa-da-cultura
PROGRAMA DE ACTOS SEMANA SANTA
https://sarria.gal/gl/cidadania/participacion/cultura-2/400-semana-santa-2023-casa-da-cultura
PROGRAMA DE ACTOS SEMANA SANTA
Despois do éxito da VII edición dos Cantos de Taberna celebrada o pasado sábado, o día 1 de abril é o turno dos cantantes pequen@s.
A Aula de música tradcional da AC Peleriños e a do Concello de O Incio estrenan os "Cantos Pequenos de Taberna" cun pasacalles desde a Praza de Constitución e percorrendo as tabernas do Paseo do Malecón.
Con motivo das vacacións de Semana Santa, celebraremos un campamento na Casa da Cultura para nenas e nenos de entre 3 e 12 anos. Haberá actividades moi variadas e en función das idades.
Presentación do libro gañador do XXI Fiz Vergara Vilariño pola autora, Lupe Gómez, o editor Miguel Anxo Fernán-Vello, a presidenta de Ergueitas, María Casar, e a concelleira de Cultura, Reyes Abella.
Como cada primeiro sábado de mes, o Mercadillo Quilate de antigüidades, coleccionismo e obxectos curiosos celebrarase na Rúa do Porvir, rúa dos anticuarios, de 10:00 a 19:00 horas.
Ars Combinatoria Orquestra e Coro, dirixida polo sarriao Canco López, ofreceranos hoxe, 26 de marzo ás 18:00 no Mosteiro da Madalena, a Paixón segundo San Xoán, de J.S. Bach inaugurando asi a quinta tempada Música vs Espazos e as celebracións da Semana Santa sarriá.
Select your language