Sarria

Presentación do libro gañador do XXII Fiz Vergara Vilariño.

O próximo 21 de xuño, na Casa da Caultura, ás 19:30 horas, presentarase o libro gañador do XXII Fiz Vergara Vilariño.

 

Antón Lopo, autor de Diarios/1 Azul Monforte, estará acompañado por Xosé Luis Mosquera Camba, Miguel Anxo Fernán-Vello, María Casar, e o responsable da Área de Cultura do Concello de Sarria.

Torneo Os Meigallos. 17-18 Xuño 2023.

Equipos de Ribeira, Monforte, Guitiriz, Lugo, Burela e A Coruña, competirán nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil de fútbol sala no Torneo Os Meigallos, organizado polo noso clube sarriao.

Durante dous días os amantes deste deporte poderán ver partidos nos pavillóns municipais sarriaos.

Tedes toda a info neste documento.

Alfombras florais. Corpus 2023

Anímate e participa na elaboración das alfombras florais!.

Hai moitas formas de axudar.

Toda a info chamando ao 982 535000

XXIII PREMIO DE POESÍA FIZ VERGARA VILARIÑO.

O Concello de Sarria e a Agrupación Cultural Ergueitas convocan a 23 edición do premio de poesía Fiz Vergara Vilariño.

 

 

O prazo de presentación de orixinais remata o 12 de xuño de 2023.

 

 

 

Animamos á participación, porque a cultura é o mellor refuxio que podemos atopar e a poesía un berce que anaina as incertezas.

1ª Concentración de Motos Sarria Bikers

 Do 12 ao 14 de maio.

VENRES
16:00h Apertura de inscricións.
22:00h Pancetada para todo o público. Gratis para os rexistrados.
23:30h Concerto da Disquetera seguido de Dj Miguel Cendoi.

SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language