A Auga non é infinita. Consúmea con cabeza
A campaña “A auga non é infinita. Consúmea con cabeza”, promovida polo Concello de Sarria e Espina & Delfín ten como obxectivo concienciar a toda a veciñanza e fomentar o consumo responsable de auga.
A campaña “A auga non é infinita. Consúmea con cabeza”, promovida polo Concello de Sarria e Espina & Delfín ten como obxectivo concienciar a toda a veciñanza e fomentar o consumo responsable de auga.
A tradicional Xuntanza de Peleriños, e xa van vinteoito, celébrase o 4 de xullo. Este ano acompaña á asociación sarriá o Grupo de Coros e Danzas "Villa de Madridejos", que mantén vivas as músicas e bailes tradicionais desta comarca da Mancha toledana.
O Concello de Sarria estará representado nos XVI Xogos do Eixo Atlántico cos equipos masculino e feminino de baloncesto, que competirán en Santiago de Compostela do 5 ao 10 de xullo.
Arte, artes escénicas, comedia, concertos, obradoiros e, por suposto, camiñografías, na V edición de Ultreia et Suseia, que comeza o 14 de xullo.
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa dun fenómeno meteorolóxico adverso de NIVEL LARANXA (Risco Importante) por TEMPERATURAS MÁXIMAS para o MARTES 23/06/2026, a partir do mediodía e ata a noite nas seguintes zonas:
Aventura no Camiño regresa este verán a Sarria!
Select your language